Personaxes con discapacidade na novela negra: tradución e comentario de Resurrection Bay
Autoría | Noelia Gómez Fernández |
Data de defensa | 14/06/2023 |
Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) |
Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
Dirección |
Titoría: Beatriz María Rodríguez Rodríguez |
Tribunal |
Titoría: Beatriz María Rodríguez Rodríguez |
Resumo | O seguinte traballo de fin de grado recolle unha proposta de tradución entre o inglés e o español de varios capítulos da novela «Resurrection Bay» escrita pola autora australiana Emma Viskic (2015), acompañada por unha análise sobre os problemas de tradución que se atoparon nos capítulos mencionados con anterioridade e das estratexias que se empregaron para a súa resolución. Ademais, neste traballo tratarase a inclusión de personaxes con algunha discapacidade na novela negra, así como as dificultades máis destacadas que pode presentar este feito na tradución de este xénero literario. PALABRAS CLAVE: análise, discapacidade, Emma Viskic, novela negra, tradución. |