A posedición: o futuro da revisión e corrección?
| Autoría | María Herrero Prado |
| Data de defensa | 14/06/2023 |
| Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Español-Francés) |
| Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
| Dirección |
Titoría: Jose Yuste Frías |
| Tribunal |
Titoría: Jose Yuste Frías |
| Resumo | Este Traballo de Fin de Grao está destinado a calquera público independentemente do seu nivel de especialización. Nel, expoñerase brevemente o desenvolvemento da tradución, a corrección e a revisión. O seu principal obxectivo será mostrar e demostrar como o mercado desta profesión atópase en constante cambio debido ao desenvolvemento de novas tecnoloxías e á necesidade cada vez maior de inmediatez nos produtos que se consomen. Isto vese reflectido, por exemplo, no xurdimento da «posedición» ?a cal se tratará desde os seus inicios ata a actualidade?. Ademais, preténdese dar unha resposta firme ao debate actual acerca de se as intelixencias artificiais poden ser unha verdadeira axuda no desenvolvemento do labor de correctores e revisores ou se, pola contra, prexudican á profesión. Palabras chave Translatio, traductio, corrección, revisión, funcións, IA, posedición (PE), calidade, ChatGPT. |