Proposta terminolóxica no ámbito da ximnasia rítmica
Autoría | Sara Agís Leiro |
Data de defensa | 14/06/2023 |
Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés) |
Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
Dirección |
Titoría: Alberto Álvarez Lugrís |
Tribunal |
Titoría: Alberto Álvarez Lugrís |
Resumo | O presente traballo de fin de grao busca ofrecer un conxunto de termos en galego pertencentes ao ámbito da ximnasia rítmica, poñendo como punto de partida o Código de Puntuación oficial da federación internacional de ximnasia, escrito orixinalmente en inglés. A partir de aí, estudáronse os equivalentes principalmente en castelán, mais tamén noutras linguas, coma o portugués, o francés ou o catalán. Tras isto, buscáronse propostas equivalentes en galego, posto que non existían previamente, dando lugar a unha agrupación de 62 termos definidos, recollidos nunha táboa e acompañados das observacións e comentarios derivados da elección da terminoloxía presentada, aplicada á ximnasia rítmica. Palabras chave: ximnasia rítmica, tradución, terminoloxía, Código de Puntuación. |