Subtitulado interlingüístico en directo asistido por software de recoñecemento de fala
Data de defensa | 16/06/2023 |
Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) |
Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
Dirección |
Titoría: Pablo Romero Fresco |
Tribunal |
Titoría: Pablo Romero Fresco |
Resumo | Este traballo de fin de grao mostra as análises e resultados que se obtiveron a partir das transcricións de dous softwares de recoñecemento de voz. Estas análises teñen como obxectivo determinar se os malos resultados nas transcricións feitas polo primeiro software débense a un problema da oradora ou intérprete ou se se deben ao software en si. As análises fixéronse sobre catro discursos cuxa extensión varía entre as 700 palabras e as 1000 palabras. Os resultados obtidos ao aplicar o modelo NER mostran que a cantidade de erros diminúe co segundo software usado e a tipoloxía dos erros distribúese de maneira máis uniforme O traballo conclúe cunhas reflexións sobre os resultados obtidos e as implicacións de usar estes softwares para crear subtítulos automáticos en directo. Palabras clave: subtitulado interlingüístico en directo automático, modelo NER, calidade, accesibilidade, software de recoñecemento de fala. |