A influencia da percepción sobre o nivel de inglés na ansiedade cara á interpretación
Autoría | Inés Fariña Roel |
Data de defensa | 16/06/2023 |
Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) |
Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
Dirección |
Titoría: Lara Domínguez Araújo |
Tribunal |
Titoría: Lara Domínguez Araújo |
Resumo | Este traballo céntrase nos desafíos que enfronta o alumnado do Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) da Universidade de Vigo en relación coa percepeción sobre o nivel de inglés e o seu impacto no aspecto psicolóxico e no rendemento durante as interpretacións. Tamén se revela ao longo do traballo a influencia doutros factores relacionados coa técnica de interpretación e a súa práctica. O método de investigación empregado foi un grupo focal entre estudantes do devandito grao, cuxos resultados se analizaron e contrastaron cunha fase de documentación teórica previa para, finalmente, interpretalos e sacar conclusións sobre o obxecto de estudo. Palabras clave: ansiedade; aprendizaxe; interpretación; nivel de inglés; rendemento |