Secretaría Uvigo - Desenvolvemento de férula persoalizada para membro inferior.

Desenvolvemento de férula persoalizada para membro inferior.

Data de defensa28/04/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Biomédica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jorge Cerqueiro Pequeño
Cotitoría: Manuel Casal Guisande
Tribunal Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Vogalía: Óscar Barro Guizán
Secretaría: Erik Calvo García
ResumoAs extremidades inferiores son as encargadas de soportar o noso peso corporal e á sua vez, responsables do desprazamento humano. Por iso, cando estes membros están lesionados, é de vital importancia levar a cabo unha boa recuperación, evitando a toda costa desencadear danos importantes que poidan deteriorar a motricidade ao final da mesma. Para iso, cando é necesaria a inmobilización, é de vital importancia que a férula se adapte á forma corporal de cada persoa para poder volver a unha vida normal o antes posible cunha boa recuperación levada a cabo.
Realizarase o desenvolvemento dunha férula personalizada do membro inferior. Para iso, obterase a información anatómica necesaria das extremidades inferiores. Partirase dun sistema de captura de formas humanas que procure adaptarse o máximo posible ás diferentes formas que presentan as extremidades en cada corpo humano. A continuación, procesarase o ficheiro xerado desde o sistema de captura ata o equipo de impresión para obter finalmente o formato físico da férula e comprobar a súa adaptabilidade a todo tipo de corpos, acadando así o obxectivo de facer férulas personalizadas desexado.
Volver