Resumo | Este proxecto consiste no estudio e análise de viabilidade para a reconstrución e posta en marcha do antigo ?Hotel balneario do Peso?, en Portugal. Para iso, faise un estudio de mercado e análise estratéxico tanto do país como do entorno más próximo ao hotel, e analízase o sector no que opera. Logo, faise uso de previsións de ingresos, gastos, e de inversión e financiación necesarias, así como de balances previsionais, contas de resultados previsionais, presupostos de tesouraría, etc., para determinar, coa axuda do cálculo do VAN e o TIR, así coma de outras rateos, se é viable levar a cabo ou non este proxecto. Finalmente, considéranse distintos escenarios en función da demanda esperada, seguindo un criterio pesimista e normal, o que axudará a decidir se segue sendo viable investir en caso de non cumprirse o prognóstico de demanda esperado. |