Secretaría Uvigo - Os stakeholders e a responsabilidade social corporativa

Os stakeholders e a responsabilidade social corporativa

Data de defensa09/11/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Gloria Caballero Fernández
Tribunal Titoría: Gloria Caballero Fernández
ResumoO obxecto deste traballo é o estudo dos grupos de interese no ámbito das empresas, así como a súa relación coa Responsabilidade Social Corporativa, dúas cuestións moi importantes na actualidade, tanto a nivel empresarial como social. Por iso, estudaranse os tipos de stakeholders e as súas características, así como a súa relación coas organizacións. Ademais, cómpre sinalar que nos últimos anos a RSC adquiriu unha gran importancia, polo que as empresas deben poñer en marcha as estratexias e medidas necesarias para poder realizar un traballo sostible co medio ambiente e coa sociedade.
Por último, ponse en práctica esta teoría, estudando o caso da empresa Inditex. Inditex toma como punto de partida os seus clientes, os seus grupos de interese máis importantes, pero tamén se centra nos demais, implementando todo tipo de estratexias e iniciativas. Así mesmo, implanta medidas relacionadas coa Responsabilidade Social Corporativa en todas as súas áreas e centros, e elabora un plan con obxectivos a acadar nos próximos anos.
Palabras clave: stakeholders, Responsabilidade Social Corporativa, sustentabilidade, colaboración, empresas, ODS.
Volver