Secretaría Uvigo - Cooperativas bancarias: Fiare Banca Ética

Cooperativas bancarias: Fiare Banca Ética

AutoríaBrais Oliveira Somoza
Data de defensa16/11/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María José Cabaleiro Casal
Tribunal Titoría: María José Cabaleiro Casal
ResumoA ética, e máis concretamente a ética bancaria, é un concepto relativamente recente, que cada vez se aplica máis no sector bancario, en constante crecemento e arraigado na preocupación social. Neste traballo, expóñense as causas, valores e principios que promoven ou fomentan este tipo de organizacións. Como maneira de adaptar este tipo de comportamentos e prácticas estudase en profundidade as cooperativas de crédito.

Para explicar os distintos tipos de cooperativas de crédito, lévase a cabo unha comparativa co resto de sociedades de capital, así como, os bancos convencionais como caso particular. Ademáis disto, analízase un caso de éxito en España, da man da cooperativa bancaria, Fiare Banca Ética, coa cal se pode apreciar a súa evolución nos últimos anos e a súa maneira de operar, sendo un bo exemplo de aplicación da ética neste sector.

Palabras clave: Sociedades cooperativas, cooperativas de crédito, ética, ética bancaria, banca convencional, banca ética

Volver