Intelixencia artificial e xestión de RRHH: conceptos, aplicacións e retos
Data de defensa | 16/11/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Xosé Henrique Vázquez Vicente |
Tribunal |
Titoría: Xosé Henrique Vázquez Vicente |
Resumo | Este traballo realizouse co fin de indagar nos usos e impactos da intelixencia artificial nos procesos de xestión de recursos humanos, en especial o recrutamento e selección. Na primeira parte estudaremos que é a intelixencia artificial e as funcións desta. Posteriormente, na segunda parte adentrarémonos nos efectos da intelixencia artificial nas funcións dos recursos humanos. A metodoloxía empregada será a revisión da literatura para integrar o coñecemento existente. Posteriormente, nos seguintes puntos centrarémonos no proceso de recrutamento e selección. A partir deste estudo concluímos que a intelixencia artificial facilita os procesos de xestión de recursos humanos. A través da pescuda de información, puidemos coñecer todos os beneficios pero, tamén, toda as problemáticas que provoca o uso a intelixencia artificial. Partindo dos problemas que esta presenta podemos coñecer cales son os aspectos a cambiar na integración da intelixencia artificial na xestión dos recursos humanos. Palabras clave Intelixencia artificial, recrutamento, selección, xestión de recursos humanos |