Secretaría Uvigo - Comunidades enerxéticas como solución á pobreza enerxética en España

Comunidades enerxéticas como solución á pobreza enerxética en España

Data de defensa16/11/2022
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Xavier Simón Fernández
Tribunal Titoría: Xavier Simón Fernández
ResumoDende o 25 de setembro do 2015, 193 países comprométense cos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible de Nacións Unidas e o seu cumprimento para o 2030. Entre eles, cabe destacar dous: o obxectivo primeiro, que busca alcanzar o fin da pobreza garantindo protección social en situación de pobreza ou vulnerabilidade social, aumentar o acceso aos servizos básicos e axudar ás persoas afectadas por fenómenos climáticos extremos, así como facer fronte aos problemas económicos, sociais e ambientais; e por outra banda, o obxectivo sétimo que pretende garantir o acceso a unha enerxía alcanzable, segura, sostible e moderna para todas as persoas, garantindo o acceso universal. A crise económica provocou un aumento das situacións de exclusión e desigualdade social e modificou os perfiles das persoas en estas situacións. Entre 3,1 e 7,8 millóns de cidadáns topáronse en situación de Pobreza Enerxética en España no 2019, dependendo do indicador empregado. E, tralo 2020 e o estalido da crise do Covid-19, esta cifra viuse incrementada. Esta problemática provoca que, moitas veces, as persoas vulnerables teñan que recorrer a axudas de urxencia para poder facer fronte ó pago das súas facturas e supón, polo tanto, un problema que require dunha urxente solución.
No 2019 publícase o Real Decreto 244/2019, que puxo fin ao parón da tecnoloxía fotovoltaica en España por culpa do Imposto ó Sol, derrogado no 2018. Supuxo unha transformación do sector enerxético. Pártese dun modelo tradicional, unidireccional, ríxido, ineficiente e contaminante a un modelo flexible, distribuído, cun papel máis activo da cidadanía, sostible e renovable. Polo tanto, vai facilitar novas modalidades de autoconsumo mediante enerxía fotovoltaica, onde aparecerán, por vez primeira, as instalacións de autoconsumo colectivo.
Segundo o BOE:
As instalacións xeradoras interconectadas para autoconsumo, poderán pertencer ás modalidades de subministro con autoconsumo sen excedentes ou modalidades de subministro con autoconsumo con excedentes definidas no artigo 9 da Lei 24/2013, do 26 de Decembro, e no artigo 4 do Real Decreto 244/2019, do 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica. (BOE, 2019, p.30)
O Real Decreto 244/2019 trouxo consigo unha serie de cambios na instalación de placas solares que facilitaría a posibilidade ao 65 % da poboación española, que vive en bloques de edificios de vivendas e que non teñen posibilidade de autoconsumir enerxía solar. Entre eles, o recoñecemento do dereito ao autoconsumo colectivo, a simplificación dos trámites administrativos e técnicos (especialmente para instalacións de pequena potencia), a supresión do límite de potencia (antes, unicamente se podía instalar unha potencia fotovoltaica igual ou superior á contratada) e a posibilidade de alugar os tellados ou cubertas para que terceiros poidan producir electricidade. Entre esa porcentaxe, atópanse gran parte dos millóns de persoas que están a sufrir da Pobreza Enerxética.
Para loitar contra esta problemática, os gobernos implantaron xa unha serie de medidas encamiñadas a transferir recursos públicos ás familias en estado de pobreza enerxética por medio de bonos sociais. Neste TFG explorarase a opción de fomentar a creación de Comunidades Enerxéticas para dar solución a eses problemas.

PALABRAS CLAVE: Pobreza Enerxética, Comunidades Enerxéticas, Transición Enerxética, Autoconsumo, Xustiza Enerxética
Volver