Secretaría Uvigo - Os bonos sociais como ferramenta de financiamento sostible

Os bonos sociais como ferramenta de financiamento sostible

Data de defensa16/11/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Sonia Margarita Rodríguez Parada
Tribunal Titoría: Sonia Margarita Rodríguez Parada
ResumoEste traballo de investigación desenvolve a importancia dos Bonos Sociais dentro das finanzas sostibles e valora as emisións recentes con maior importe. Realízase unha análise do marco temporal que transcorre desde a creación destes instrumentos financeiros ata o 2022, partindo dun contexto internacional, mostrando a súa evolución e resaltando os investimentos actuais de maior volume, para despois centrarse no seu desenvolvemento en España, valorando os movementos que tiveron dentro do país ao longo da liña temporal analizada. Unha vez realizado esta análise, procédese a investigar os lanzamentos máis importantes realizados en España, destacando o sector bancario como principal baluarte a nivel nacional e analizando o impacto social que tiveron.

Palabras clave: Bono Social, finanzas sostibles, sustentabilidade, impacto social.
Volver