Secretaría Uvigo - Fondos de investimento socialmente responsables: análise comparativa do desempeño financeiro e sostible por xestoras da banca española

Fondos de investimento socialmente responsables: análise comparativa do desempeño financeiro e sostible por xestoras da banca española

AutoríaDiana Gonçalves de Aguilar
Data de defensa16/11/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Sonia Margarita Rodríguez Parada
Tribunal Titoría: Sonia Margarita Rodríguez Parada
ResumoRESUMO

Este TFG realiza un estudo dos FISR españois a nivel financeiro e sostible. A motivación é a novidade dos FISR nos mercados financeiros, como o español; e tamén a importancia das Finanzas Socialmente Responsables e a súa contribución á loita pola sustentabilidade.
Para analizar os FISR españois seleccionáronse xestoras bancarias, xa que é un dos sectores máis dinamizadores do mercado financeiro español. Para o enfoque financeiro utilizáronse indicadores de rendibilidade, volatilidade e risco. Para o enfoque sostible, analizáronse os anexos de sustentabilidade dos propios Fondos.
Segundo a análise da eficiencia a nivel financeiro, ilustrada coa cociente Sharpe a 12 meses, os resultados dos FISR foron máis positivos que os seus Fondos convencionais para catro das cinco xestoras. Ademais, a nivel sostible todos os FISR españois seleccionados obtiveron ratings sostibles na media ou superiores.
Os resultados deste estudo demostran que os obxectivos sostibles dos FISR seleccionados, sexan concretos ou non, non reducen a eficiencia financeira da carteira. E tamén queda reflectida a tendencia cara ao compromiso ASG que impartiron as Finanzas Sostibles, e que chegou ata os FISR do mercado español.

PALABRAS CHAVE

Finanzas Sostibles, FISR, Criterios ASG, Rendibilidade financeira, Desempeño sostible
Volver