Análise macroeconómica do comercio exterior en Galicia (2000-2020)
Autoría | Cristian Valencia Rodríguez |
Data de defensa | 16/11/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Raquel Díaz Vázquez |
Tribunal |
Titoría: Raquel Díaz Vázquez |
Resumo | Este traballo de fin de grao aborda a evolución do comercio exterior ao longo das dúas últimas décadas do século XXI, a través da análise dos indicadores macroeconómicos máis representativos da economía. A primeira parte do traballo reflicte unha pequena síntese da transformación económica tanto a nivel mundial como nacional. Para realizar esta análise empregaremos o Produto Interior Bruto, a evolución do emprego e o comercio exterior. Na segunda parte do traballo falarase do comercio exterior galego dende unha posición máis concreta, analizando as súas exportacións e importacións a nivel sectorial e xeográfico. Así mesmo, utilizaremos como indicadores macroeconómicos o grao de apertura, a taxa de cobertura, a participación do comercio exterior nacional e a balanza comercial para analizar en profundidade o comportamento da economía galega con respecto ao comercio exterior. |