Planificación financieira de Vigo Padel Fitness
Data de defensa | 16/11/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: María Pilar Cibrán Ferraz |
Tribunal |
Titoría: María Pilar Cibrán Ferraz |
Resumo | O traballo de fin de grao constará no estudo da viabilidade económica do club Vigo Padel Fitness. Este centro contará con instalacións deportivas de alta calidade, pensada para que os deportistas da zona que teñan interese por mellorar a súa calidade técnica e física para a práctica do pádel e outros deportes teñan un centro deportivo de alto nivel para iso. As instalacións terán un ximnasio, 5 pistas de pádel, unha sauna e ademais un centro de fisioterapia. O club estará formado por catro socios, que achegarán a mesma cantidade de capital cada un deles, e financiado por entidade bancaria para afrontar os primeiros exercicios do negocio e o investimento inicial. As tarifas do noso centro, estarán baseadas na media de prezos dos centros máis representativos da cidade de Vigo, para que isto non supoña un problema para os nosos clientes. Obxectivos: Ser o centro deportivo referente na cidade de Vigo e arredores para a práctica do pádel e rendemento deportivo en deportes de raqueta. O estudo económico realizouse desde un punto de vista pesimista. Palabras clave: Pádel, centro deportivo, raqueta, clube, prezos, viabilidade. |