As cooperativas e o seu financiamento
Autoría | Jesús Domínguez Fontenla |
Data de defensa | 16/11/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: María José Cabaleiro Casal |
Tribunal |
Titoría: María José Cabaleiro Casal |
Resumo | RESUMO As cooperativas, como outras entidades de economía social, tiveron historicamente maiores dificultades para acceder ao financiamento que as empresas capitalistas tradicionais. Hoxe a situación mellorou e as cooperativas teñen máis facilidades para acceder ao financiamento, debido, en boa medida, á aparición de entidades de banca ética, como Coop57, Triodos Bank ou Gicoop, que facilitaron o financiamento destas empresas a través de diversas ferramentas financeiras como diversos tipos de préstamos, títulos participativos ou a través de plataformas de crowdfunding. Neste traballo darase a coñecer o concepto de sociedade cooperativa, as clases e tipos existentes, os principios que as rexen e analizaranse algunhas ferramentas de financiamento que teñen ao seu alcance. Finalmente, analizarase como a banca ética foi fundamental como vehículo de financiamento destas entidades. Palabras clave: Cooperativa, Principios cooperativos, Financiamento, Banca ética |