Secretaría Uvigo - Evolución da política monetaria do Banco Central Europeo e da Reserva Federal

Evolución da política monetaria do Banco Central Europeo e da Reserva Federal

Data de defensa16/11/2022
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: José Carlos Arias Moreira
Tribunal Titoría: José Carlos Arias Moreira
ResumoNo seguinte traballo analizouse a evolución da política monetaria no período comprendido desde 2008 a 2022, así como, os acontecementos económicos que se deron ao longo destes anos e como afectaron á toma de decisións no campo da política monetaria por parte do Banco Central Europeo e a Reserva Federal.
En primeiro lugar, estudamos as diferentes ferramentas de política monetaria que os bancos centrais poden utilizar para alcanzar os seus obxectivos, facendo fincapé nas medidas de política monetaria non convencionais, que funcionaron de complementos en tempos de crises para as medidas máis tradicionais. En segundo lugar, analizouse as diferenzas entre as medidas aplicadas por Banco Central Europeo e a Fed. Finalmente, examinouse os resultados destas políticas monetarias e a súa efectividade.
Volver