Activos materiais e intanxibles como motor de desenvolvemento do PIB en España
Autoría | Borja López Sendra |
Data de defensa | 16/11/2022 |
Titulación | Grao en Economía |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Carlos Maria Fernandez-Jardón Fernandez |
Tribunal |
Titoría: Carlos Maria Fernandez-Jardón Fernandez |
Resumo | Neste estudo realízase unha análise da influencia e contribución dos activos materiais e intanxibles ao crecemento económico español. Faise unha revisión da literatura sobre o capital humano como factor de innovación, competitividade e crecemento. Finalmente, investigáronse as relacións a longo prazo tendo en conta as taxas de crecemento do produto interior bruto, os activos materiais e intanxibles para o período 1995-2021. Para levar a cabo esta análise empírica, utilízase o Procedemento de cointegración Engle-Granger (1987) para modelos de ecuación única. Os resultados indican que as series temporais de activos materiais e intanxibles están cointegrados co produto interior bruto. Estas relacións son de carácter positivo entre o crecemento do produto interior bruto e os activos materiais e intanxibles, que se manteñen no tempo. Palabras chave: Capital Humano, Cointegración, Intanxible. |