Secretaría Uvigo - Modelización e simulación da estrutura dunha aeronave lixeira de dúas prazas

Modelización e simulación da estrutura dunha aeronave lixeira de dúas prazas

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Ricardo Javier Bendaña Jácome
Cotitoría: Rafael Comesaña Piñeiro
Tribunal Vogalía: Fernando Guillermo Isasi de Vicente
Secretaría: Alejandro Jacobo Cabrera Crespo
Presidencia: Carlos Ulloa Sande
ResumoNeste traballo realízase o modelado dunha aeronave lixeira de dúas prazas pensada para ser construída por afeccionados. Todas as pezas e compoñentes do avión están deseñados individualmente e coa maior precisión posible para posteriormente montalos e obter un modelo completo.
Despois de completar o modelado de toda a estrutura da aeronave, pasa a ser obxecto de estudo. Deste xeito, utilízase o método dos elementos finitos para analizar os esforzos e deformacións dos distintos compoñentes do modelo. Planteanse diferentes escenarios, con unhas condicións de contorno, forzas externas e restricións de movemento, e estudarase a resposta da estrutura a cada un deles. Estas análises e simulacións pretenden demostrar a viabilidade de construción da aeronaves e demostrar que unha estrutura de madeira é capaz de soportar as cargas que se producen durante o voo.
Volver