Dispositivo intelixente IoT e aplicación para o control das mesas na hostalería
Data de defensa | 16/09/2022 |
Titulación | Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Enrique Soto Campos |
Tribunal |
Presidencia: Luis Eduardo Eguizábal Gándara Secretaría: José Fariña Rodríguez Vogalía: Francisco Poza González |
Resumo | O obxectivo deste traballo é deseñar un produto IoT de baixo custo e unha aplicación para mellorar a experiencia dos clientes de establecementos hostaleiros. O dispositivo IoT permitirá aos clientes chamar ao camareiro, solicitar a conta e identificarse na aplicación do establecemento de hostalería co seu teléfono móbil sen requirir a supervisión do persoal do establecemento e sen utilizar datos persoais. Unha vez que o cliente estea identificado na aplicación desde ela poderá realizar os seus pedidos, pagar en calquera momento e acceder a todos os servizos que poida ofrecer o negocio de hostalería dende a aplicación (p.e., control das luces, control da música, xogos...). Dentro do alcance deste traballo: -Estudaranse as solucións similares dispoñibles no mercado. -Deseñarase e montarase o prototipo do dispositivo IoT e programarase a aplicación asociada, tanto a parte do cliente como a do negocio de hostalería -Realizarase unha valoración económica do custo do prototipo e a aplicación. -Elaborarase a documentación técnica coas especificacións máis importantes do prototipo. Durante todo o traballo de deseño terase en conta o estado da arte das técnicas, o hardware e o software empregados para obter un produto de calidade, que resista á obsolescencia, que permita o exercicio do dereito a reparar e que xere a menor cantidade de residuos posible. |