Análise da reclamación en materia hipotecaria do sector bancario español
Autoría | Alba Figueroa Filgueira |
Data de defensa | 27/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Sonia Margarita Rodríguez Parada |
Tribunal |
Titoría: Sonia Margarita Rodríguez Parada |
Resumo | O obxectivo deste traballo é estudar as reclamacións en materia de préstamos hipotecarios. Estas reclamacións son analizadas polo Banco de España, logo de presentalas previamente ante as entidades correspondentes, concretamente polo Departamento de Conduta das Entidades que posteriormente publica a resolución. Analízase o mercado hipotecario español (os seus instrumentos, axentes, títulos e normativa), a información relevante en materia de créditos hipotecarios e realízase unha análise do último informe de reclamacións publicado polo Banco de España (2020), estudando a sua evolución durante o quinquenio 2016-2020. Finalmente, este traballo remata cunha aproximación ao grao de corrección do sector bancario español en materia hipotecaria, á luz da información estatística facilitada polo órgano supervisor. |