Efecto das enerxías renovables sobre o prezo do mercado maiorista de electricidade e sobre as emisións do sector eléctrico
Autoría | Arón Román Barreiro |
Data de defensa | 27/07/2022 |
Titulación | Grao en Economía |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Fidel Castro Rodríguez |
Tribunal |
Titoría: Fidel Castro Rodríguez |
Resumo | O obxectivo deste traballo é analizar de forma concisa o efecto que provoca a produción de electricidade con enerxías renovables sobre os prezos do mercado maiorista de electricidade e as emisións de CO2. Realizarase unha descrición da transición enerxética, con especial fixación no proceso de descarbonización ou electrificación, e a importancia das enerxías renovables neste. Posteriormente, a través de análises gráficos e de regresión, buscarase observar si existe relación, e o efecto das enerxías renovables sobre as variables de estudo. Os resultados que se obtiveron mostran como a relación entre enerxías renovables e o prezo do mercado maiorista e emisións de CO2 existe. O efecto, concretamente, é negativo, é dicir, cando aumenta a xeración renovable, redúcense tanto o prezo maiorista como as emisións de CO2. O efecto sobre as emisións de CO2 é maior que o que exerce sobre os prezos. Con todo, debido á política de primas adoptado en España co obxectivo de potenciar o uso das renovables, o aumento da xeración renovable provocou un aumento dos cargos do sistema vía remuneración, o que provoca que aumente o prezo que paga o consumidor. O efecto neto dependerá da magnitude de cada un dos efectos. PALABRAS CLAVE: Enerxías Renovables, Cambio Climático, Transición Enerxética, Electrificación. |