Secretaría Uvigo - Mecanismos de xeración de trampas de pobreza no proceso de desenvolvemento económico

Mecanismos de xeración de trampas de pobreza no proceso de desenvolvemento económico

AutoríaPablo Colinas Rodríguez
Data de defensa27/07/2022
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Jaime Alonso Carrera
Tribunal Presidencia: Manuel González Gómez
Vogalía: Eduardo Luís Giménez Fernández
Secretaría: José Francisco Teijeira Bautista
ResumoResumo:
Neste traballo empréganse distintos modelos de xeracións solapadas para explicar o fenómeno das trampas de pobreza. Os mecanismos examinados involucran restricións de crédito no financiamento da educación, heteroxeneidade de habilidades, preferencias non homotéticas derivadas da presenza de consumos de subsistencia e as decisións dos proxenitores en relación co número de descendentes que queren ter e o que invirten na súa educación. Estos modelos son relevantes para comprender as causas de que os países en vías de desenvolvemento non logren alcanzar as altas tasas de crecemento que predicen os modelos neoclásicos. A análise que aquí se presenta pon de manifesto a necesidade de dotar aos individuos de niveis iniciais mínimos de renta, consumo ou educación, para que as economías en desenvolvemento consigan unha asignación máis eficiente dos seus recursos.
Palabras clave:
trampa de pobreza, desenvolvemento, desigualdade, capital humano
Volver