Secretaría Uvigo - Desigualdades no acceso aos servizos dixitais en España

Desigualdades no acceso aos servizos dixitais en España

Data de defensa27/07/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María Begoña Álvarez García
Tribunal Titoría: María Begoña Álvarez García
ResumoAs imposicións tecnolóxicas establecidas durante o confinamento provocado polo Covid-19 fixeron que aquelas familias que non tiñan as capacidades tecnolóxicas suficientes viron empeorada a súa situación de exclusión social. O obxectivo deste traballo é avaliar que tipos de fogares se enfrontaron á pandemia con maiores restricións tecnolóxicas en España. En primeiro lugar, contextualízase a situación do país e da súa contorna en materia de accesibilidade ás TIC e desenvolvemento de competencias dixitais. En segundo lugar, preséntase o modelo econométrico para analizar a relevancia que tiveron os factores socioeconómicos e xeográficos para explicar a fenda dixital, utilizando os datos da Enquisa de Equipamento e Uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación nos Fogares no ano 2019. Por último, achéganse as conclusións derivadas da análise previa e as posibles solucións ao problema.
Fenda dixital, TIC, habilidades dixitais, fogares, regresión linear
Volver