Análise das prácticas externas realizadas polo alumnado da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. ¿Existen diferencias por sexo?
| Autoría | Marta Álvarez Rocha |
| Data de defensa | 27/07/2022 |
| Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
| Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
| Dirección |
Titoría: María del Pilar Piñeiro García |
| Tribunal |
Titoría: María del Pilar Piñeiro García |
| Resumo | Este Traballo de Fin de Grado ten como obxectivo analizar se existen desigualdades por sexo na realización das prácticas do alumnado da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Partindo da información publicada no Portal de Transparencia desta universidade, analízase a evolución da matrícula e da realización de prácticas tanto curriculares como extracurriculares nas diferentes titulacións de grao e mestrado ofertadas. Por último, compárase a porcentaxe que supoñen as mulleres sobre o total da matrícula coa porcentaxe que supoñen as mulleres sobre o total das prácticas realizadas para determinar posibles desigualdades. Os resultados obtidos apuntan nunha tendencia decrecente na matrícula da facultade e na realización das prácticas e que as alumnas realizan máis prácticas académicas nos grados. Prácticas curriculares, prácticas extracurriculares, matriculados, sexo. |