Plan de marketing do Hogar Gallán
Data de defensa | 27/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: María del Carmen Otero Neira |
Tribunal |
Titoría: María del Carmen Otero Neira |
Resumo | O presente traballo Fin de Grao ten como presente o desenvolvemento dun plan de márketing dunha casa vacacional denominada ?Hogar Gallán? situada nunha zona rural chamada Vilas, Pontevedra. A casa vacacional leva en funcionamento ao redor de 2 anos en plataformas como Airbnb e Booking.com. Co desenvolvemento do traballo o principal obxectivo é a formación dun plan viable e de crecemento que permita por unha banda ser recoñecida como un aloxamento sostible e doutra banda dar a coñecer as nosas vantaxes competitivas para o incremento da ocupación durante todo o ano. Os obxectivos do noso plan de márketing para 2023-24 son incrementar a presenza tanto en liña como offline á vez que reducimos a estacionalización que sofre o noso negocio nas tempadas baixas a través dunha serie de accións propostas no presente proxecto. Unha vez finalizadas as medidas ocuparemos un mellor posicionamento no mercado que favorecerá poder xerar ingresos suficientes para a mellora dos nosos servizos e a continuidade da actividade |