Internacionalización empresarial e aspectos financeiros: tipo de actividade comercial no sector téxtil galego
Autoría | Gonzalo González Gores |
Data de defensa | 27/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Miguel González Loureiro |
Tribunal |
Titoría: Miguel González Loureiro |
Resumo | Resumo: No presente traballo buscaremos comprender a importancia e o impacto que exerce na actualidade a participación internacional. Para iso, afondaremos no coñecemento, repercusións financeiras e aspectos teóricos que unha empresa debería ter en conta antes de abrirse ao mercado exterior. Esperamos contribuír a mellorar, con maior eficiencia, a valoración da situación interna das empresas, das repercusións que pode ter interactuar co mercado exterior e, ademais, desenvolver un pensamento crítico que permita razoar as decisións a tomar no proceso de internacionalización. Desta maneira, poderemos manexar, de forma máis adecuada, a información dispoñible sobre os recursos e capacidades da empresa, e así axudar á toma de decisións. Adoptamos como foco de estudo unha mostra de 938 empresas do sector téxtil galego, no marco temporal comprendido entre 2010 e 2020 utilizando dous programas diferentes, Excel e SPSS, para a interpretación dos datos e a exposición das conclusións. Para realizar unha investigación exhaustiva sobre este tema, consultamos unha ampla variedade de fontes de información secundarias como bases de datos (Web of Science ou Scopus), páxinas web e manuais que nos permitiron extraer conclusións que expresan que a participación internacional pode xerar un efecto moderador sobre o impacto que ten a débeda no desenvolvemento da actividade empresarial. De feito, os resultados suxiren que dito efecto, positivo ou negativo, da débeda sobre as empresas, pode ser máis favorable canto máis internacionalizada estea a empresa, xa que, contar cunha maior diversidade de actividades como a importación, exportación ou ambas, permítelle sumar ao beneficio dunha maior rendibilidade, no mercado internacional, o menor custo de importar en comparación ao maior custo dos negocios que só operan no mercado doméstico. Por tanto, é importante diferenciar os tipos de participación internacional. Palabras clave: Internacionalización, Débeda, Rendemento empresarial, Categorías de internacionalización. |