Resumo | Neste traballo preséntanse os principais efectos da inmigración na economía española. Por unha banda, analízanse as diferentes consecuencias dentro do mercado laboral, como a segregación ocupacional ou as diferenzas salariais, tanto por orixe como por xénero. Por outra banda, co obxectivo de estudar a evolución futura deste colectivo, analízase a situación dos fillos de inmigrantes e o seu desenvolvemento educativo. En ambos os casos, os resultados reflicten unha realidade na que a poboación inmigrante en España se atopa nunha situación de grande desvantaxe en relación á poboación nativa. |