Resumo | O obxecto do presente traballo é analizar a evolución do sector pesqueiro e acuícola nos últimos 12 anos, pasando por unha serie histórica que abrangue un período expansivo e outro de crise para ver como reacciona ante estes cambios inesperados da economía. Antes contextualizarémolo facendo unha breve descrición do sector e as súas actividades, analizando os puntos máis importantes tomando como ano de referencia o 2019. Analizaremos tamén a situación actual e como abordar os novos retos coa finalidade de poder garantir unha boa actividade pesqueira no futuro, un futuro máis dixitalizado, eficiente no consumo, produtivo e con baixo impacto no ecosistema. |