A 4ª Revolución Industrial e os efectos da disrupción tecnolóxica na sociedade actual
Data de defensa | 27/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Xosé Henrique Vázquez Vicente |
Tribunal |
Titoría: Xosé Henrique Vázquez Vicente |
Resumo | O presente traballo ten como principal obxectivo o estudo xeral das forzas tecnolóxicas disruptivas que forman parte da 4ª Revolución industrial, así como a análise dos efectos que a dixitalización e automatización tiveron en ámbitos como a educación, a sociedade, as empresas ou os gobernos. Para levar a cabo a investigación, consultáronse multitude de traballos académicos e publicacións de organizacións de prestixio, sempre co obxecto de obter a mellor información. Con todo iso, chegouse á conclusión de que a dixitalización é un factor obrigatorio para o desenvolvemento en calquera ámbito e que os impactos que esta tivo na poboación cambiaron a nosa forma de vivir para sempre. Palabras clave: Dixitalización, Automatización, IA, Sociedade, Tecnoloxía, Teletraballo, Impacto, Redes sociais, 4ª Revolución Industrial. |