Análise bibliométrica sobre a ferramenta SMED
Data de defensa | 27/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: María Eva Diz Comesaña |
Tribunal |
Titoría: María Eva Diz Comesaña |
Resumo | Resumo: Este traballo nace co obxectivo de analizar a produción científica sobre a ferramenta Single Minute Exchange of Die (SMED) nos últimos 5 anos a través dos artigos publicados na base de datos Scopus. As solucións que tenta dar son dúas, en primeiro lugar, a de mostrar con claridade como se atopa o estado da arte sobre a ferramenta lean SMED na actualidade e como se estudou nos últimos anos. En segundo lugar, facilitar a creación de novo contido cara a aqueles temas pouco traballados ou de maior interese recente. Para iso, levouse a cabo un análise bibliométrico a 19 artigos, analizando parámetros tales como: distribución temporal, procedencia xeográfica, idioma usado, análise dos autores, análises da citación, áreas temáticas, importancia das revistas, natureza e metodoloxía da investigación, palabras chave e sector produtivo. Os resultados mostraron que nos últimos anos a temática está a experimentar un aumento non só da produción científica senón tamén do interese investigador, onde se observa a falta dunha figura que lidere a investigación sobre SMED. Así mesmo, tamén é importante destacar que a natureza da ferramenta limita a investigación da mesma e a súa aplicación a casos reais. Finalmente, as aplicacións que xeran un maior interese nos anos máis recentes gardan relación con problemas tan actuais como o cambio climático e a redución da contaminación. Palabras chave: Single Minute Exchange of Die, SMED, Lean, Análise bibliométrico, Revisión bibliográfica, Bibliometría. |