Secretaría Uvigo - Unha aproximación á fiscalidade ambiental. O caso dos envases de plástico

Unha aproximación á fiscalidade ambiental. O caso dos envases de plástico

Data de defensa27/07/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: José Manuel González Martínez
Tribunal Titoría: José Manuel González Martínez
ResumoA fiscalidade ambiental propón o uso de impostos coa finalidade de reducir os impactos sobre o medioambiente e de construír unha economía máis sostible. O obxectivo do presente traballo é entender en profundidade os obxectivos da imposición ambiental e as razón que motivan a súa aplicación, así como coñecer os datos existentes sobre a recadación da tributación ambiental en Europa e en España. Do mesmo xeito, o obxectivo do estudo consiste en coñecer os aspectos clave do novo imposto especial sobre envases de plástico non reutilizables que entrará en vigor no próximo ano 2023 en España. A metodoloxía empregada foi unha revisión dos traballos e artigos publicados nos últimos anos. Os resultados amosan que a importancia que se atribúe a nivel internacional á imposición ambiental non vai en consonancia cos datos estudados de recadación por impostos ambientais. No caso particular de España, deben realizarse maiores esforzos nesta materia para equipararse á media europea. Finalmente, destácase que España é un dos países pioneiros na incorporación de tributos sobre os envases de plástico. Espérase que coa aplicación do imposto consígase a modificación de conducta desexada co fin de previr e reducir os residuos plásticos e avanzar cara a unha economía circular.


Palabras clave: Fiscalidade ambiental, impostos ambientais, tributos ambientais, envases de plástico.
Volver