Economía circular no sector da distribución
Autoría | Sara González Rodríguez |
Data de defensa | 27/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: María del Mar Rodríguez Domínguez |
Tribunal |
Titoría: María del Mar Rodríguez Domínguez |
Resumo | A Economía Circular é unha das grandes apostas da Unión Europea, para poder desmontar o actual modelo lineal de produción e consumo. Actualmente, en España, xa máis do 58% das empresas realizan procesos de innovación, dos que aproximadamente un 40% están relacionados coa Economía Circular. Porén, en termos globais, o noso mundo só se establece como un 8,6% circular, algo que nos deixa unha alta marxe de perfeccionamento e mellora. Este cambio vén determinado pola insustentabilidade á que apunta o actual patrón de economía lineal, mediante a explotación esaxerada dos recursos naturais e o seu esgotamento contiguo xunto coa alta xeración de residuos. Ante esta situación proponse un novo modelo económico. Trátase pois, dunha transición na que se establecerán cambios políticos, educativos e, sobre todo, sociais, ambientais e económicos. Tentaremos neste traballo expoñer e identificar todas aquelas prácticas que afectan e foron afectando ao equilibrio ambiental para establecer unha solución a través dun novo enfoque produtivo e comercial para crear un novo futuro, un futuro máis eficiente, respectuoso e sostible no tempo. , coñecida como Economía Circular. Centrarémonos en concreto no sector da distribución, un vínculo entre produción e consumo, un sector que está experimentando importantes cambios nos últimos anos como consecuencia da aparición de novos modelos de negocio. Palabras clave: economía circular, medio ambiente, desenvolvemento sostible, sector da distribución, economía lineal, consumo responsable, cadea de distribución, crecemento económico, transporte, loxística, consumo enerxético, plan de acción. |