Estrutura organizativa e comportamento medioambiental de Mavesa SA
Data de defensa | 27/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: José Santiago Gómez Fraiz |
Tribunal |
Titoría: José Santiago Gómez Fraiz |
Resumo | O presente TFG trata de abordar mediante unha análise a organización da empresa Mavesa, como se atopa, como está estruturada, coñecer a competitiva que ten dentro do mercado, cales son os seus principais competidores, a información acerca da súa estrutura organizativa, os departamentos que compoñen o organigrama, así como as funcións que cumpren e a análise sobre a súa contorna, tocando aspectos internos como externos a través dun DAFO. Ademais veremos si cumpre cos requisitos de sustentabilidade, mediante información sobres as estratexias implementadas, e si aplica a normativa e obrigacións establecidas na Lei 2/2011, do 4 de marzo, de Economía Sostible. Neste estudo tamén se analizan a tecnoloxía que aplica en materia de innovación e a súa cultura, entre outras variables importantes que axudan a analizar como se atopa a organización da empresa seleccionada para o estudo. No mesmo contexto pódese mencionar que, a estrutura organizativa é a clave do éxito das empresas, é onde se establecen as funcións que se deben cumprir, supón unha base para os procedementos e as diferentes actividades laborais, para desta forma poder seguir crecendo cara ao éxito empresarial. Palabras clave: organización, organigrama, sostible, economía. |