A eficiencia da auditoría nas PYMES: casos prácticos
Data de defensa | 27/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Jorge Eduardo Vila Biglieri |
Tribunal |
Titoría: Jorge Eduardo Vila Biglieri |
Resumo | O obxectivo deste proxecto é coñecer en que consiste a auditoría de contas anuais, o traballo do auditor e o efecto que esta profesión ten no ciclo de funcionamento das empresas. Para levala a cabo, estudouse en profundidade os procedementos e probas empregados na auditoría en casos reais aos que tivemos acceso, así como a análise de información detallada sobre a eficacia destas técnicas para o control e dirección estratéxica da empresas. Entendendo que existen diferenzas segundo o seu tamaño e obxecto social. Non obstante, cabe indicar que a mostra analizada de empresas neste proxecto pertence á categoría de pemes. Por último, podemos destacar a gran importancia para o mundo empresarial da contratación da auditoría de contas anuais, ao reducir o risco de fraude e xerar confianza entre os usuarios da información financeira. Non obstante, debemos saber que existen malas prácticas e erros por parte dos auditores. Por este motivo, é importante que a normativa que regula o traballo do auditor sexa continuamente actualizada e revisada, tendo en conta os cambios nos factores macroeconómicos que afectan ás empresas |