Problemas microeconómicos do mercado eléctrico español
Data de defensa | 27/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Rosa María Loveira Pazo |
Tribunal |
Titoría: Rosa María Loveira Pazo |
Resumo | Neste traballo analizarei a subida dos prezos da electricidade, e como inflúe nos diferentes ámbitos da sociedade. Explico como funciona o mercado eléctrico, cales son as principais fontes enerxéticas e como se comporta o mercado xerador e comercializador da electricidade. Respecto a a subida do prezo da electricidade explicarei posibles medidas políticas que poderían facilitar un mercado enerxético máis áxil, as circunstancias actuais que están a provocar a subida do gas natural e como repercute isto no aumento da factura. Doutra banda, tratarei de analizar medidas para solucionar estes problemas, nalgúns casos por medio de medidas lexislativas ou na procura doutros métodos para aumentar/diversificar a produción de electricidade en España ou promover medidas de aforro enerxético. Para concluír o traballo trato posibles solucións para reducir a demanda ou aumentar a oferta de electricidade para paliar as elevadas taxas de inflación actuais. Palabras chave -Inflación. -Estanflación. -Ciclo combinado. -Tipos de interese. -Recesión. |