Plan de acción para o fomento da ópera en Galicia
Data de defensa | 27/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Xosé Henrique Vázquez Vicente |
Tribunal |
Titoría: Xosé Henrique Vázquez Vicente |
Resumo | Este TFG trata de elaborar un plan de acción para promover a ópera en Galicia. No primeiro e segundo punto inclúense a análise previa ao desenvolvemento do plan a través da cal podemos ver os recursos cos que conta a comunidade para levar a cabo o proxecto e a través dos cales se aborda o tema da educación e dos prezos no sector como posibles barreiras cando se poñen obxectivos previamente definidos pola dirección do proxecto. Estes obxectivos son: aumentar a cultura da ópera na sociedade, aumentar a taxa de audiencia e facela máis accesible a toda a poboación galega. O terceiro punto recolle as estratexias e tácticas a levar a cabo para acadar os obxectivos expostos, así como un exemplo práctico con datos estimados e a duración prevista que levará a análise, implantación e control do proxecto. Palabras clave: Ópera, Público, Promoción, Educación, Percepción, Segmentación e Galicia. |