Os bancos centrais ante as diferentes crises económicas: análise comparativa Banco Central Europeo (BCE) / Federal Reserve System (FED)
Data de defensa | 27/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Irene Garrido Valenzuela |
Tribunal |
Titoría: Irene Garrido Valenzuela |
Resumo | Os bancos centrais son as institucións encargadas de aplicar a política monetaria dun país ou conxunto de países, para lograr transmitir a política monetaria os bancos centrais dispoñen de diferentes instrumentos convencionais e non convencionais, os cales xorden debido ao esgotamento das medidas convencionais á hora da transmisión da política monetaria. Durante a crise financeira de 2008 e a crise económica provocada pola pandemia do Covid 19, tanto a Reserva Federal como o Banco central Europeo empregaron instrumentos convencionais e non convencionais, con todo existen certas diferenzas e similitudes non só nas medidas, senón tamén nos momentos nas que están foron aplicadas. Co obxectivo de analizar e destacar as medidas empregadas polo Banco central Europeo durante as crises ás que se enfrontou realizouse unha análise comparativa co seu homólogo americano. Palabras chave: Reserva Federal, Banco Central Europeo, Tipos de interese, inflación. |