Afecta o salario mínimo á saúde da poboación?
Autoría | Andrea López Fernández |
Data de defensa | 27/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: María Begoña Álvarez García |
Tribunal |
Titoría: María Begoña Álvarez García |
Resumo | RESUMO A nivel mundial, tan só un 10% dos países non teñen establecido un salario mínimo. Aínda que o debate principal resida nas consecuencias que ten sobre o nivel de emprego, son diversos os traballos nos que se demostra que os cambios nel afectan a máis aspectos sociais e económicos. Neste estudo, analízase a relación entre o salario mínimo e a saúde da poboación nunha mostra de 24 países para un período de 40 anos (1981-2020). Para iso, mídese a saúde a través da esperanza de vida e das taxas de mortalidade máis común nos sectores demográficos máis empobrecidos. Así mesmo, analízase a relación entre o salario mínimo e a saúde materno-infantil, pois está demostrado que a saúde infantil está condicionada polo nivel de renta familiar. Finalmente, analízanse os mecanismos potenciais que inflúen na saúde da poboación tales como o consumo de alcol e de tabaco ou a inxesta calórica diaria. PALABRAS CLAVE Salario mínimo ‧ Saúde ‧ OCDE ‧ Desigualdade ‧ Saúde infantil ‧ Mecanismos ‧ Pobreza |