Secretaría Uvigo - Comparación dos sistemas de saúde europeos: análise cuantitativa

Comparación dos sistemas de saúde europeos: análise cuantitativa

Data de defensa27/07/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Eva María Rodríguez Míguez
Tribunal Titoría: Eva María Rodríguez Míguez
ResumoNa procura de determinar cal é o mellor sistema de saúde da Unión Europea, caracterizáronse e analizáronse os sistemas de saúde de 23 países, a través de 15 indicadores, co fin de elaborar un ranking actualizado, a partir de conceptos e dimensións amplamente mencionados na literatura.

O traballo comeza coa caracterización dos sistemas sanitarios europeos, distinguindo dous grandes modelos, o modelo Bismarck e o modelo Beveridge, onde os países europeos sentan as bases dos seus sistemas de saúde, para despois, adaptalos ao seu contexto, necesidades e particularidades.

Para a comparación dos distintos sistemas e a elaboración do ranking agregado, analízanse en profundidade catro dimensións no seu desempeño: eficiencia, accesibilidade, equidade e calidade. Cada un destes apartados conta cunha serie de indicadores específicos, enfocados a valorar distintos aspectos parciais da devandita dimensión. Tódolos indicadores foron normalizados antes de proceder á súa agregación. Cómpre engadir que a clasificación está condicionada polos indicadores escollidos, así como por este método de normalización empregado, polo que as posibles conclusións deben ser consideradas con cautela e sempre referidas ao contexto deste traballo.

Nos rankings delimitados destacan, en eficiencia os sistemas sanitarios de Luxemburgo, España e Italia, mentres que, en accesibilidade, os países co modelo Bismarck son os que teñen un mellor rendemento, destacando Alemaña entre todos eles. Na dimensión de equidade, Países Baixos e Suecia destacan nos primeiros lugares. No apartado de calidade sanitaria destacan Suecia, Italia e España. Os resultados agregados mostran que os sistemas de saúde de Luxemburgo, Alemaña, Italia e España emerxen como os mellores sistemas de saúde europeos.
Volver