Secretaría Uvigo - A importancia da elección do réxime da Seguridade Social nas cooperativas de traballo asociado

A importancia da elección do réxime da Seguridade Social nas cooperativas de traballo asociado

Data de defensa27/07/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Carlos Iglesias Malvido
Cotitoría: María José Cabaleiro Casal
Tribunal Titoría: Carlos Iglesias Malvido
ResumoAs cooperativas de traballo asociado teñen como característica particular que os socios podan optar cotizar polo Réxime Xeral (RXSS) ou polo Réxime de Autónomos (RETA).
Este traballo tratará de dar resposta á pregunta sobre que réxime da Seguridade Social será máis beneficioso, tanto para o socio como para a cooperativa.
Para iso, analízase, a través dun caso práctico, como lles afectará a elección do RXSS ou do RETA. Neste caso práctico propóñense 3 escenarios con diferentes situacións económicas para a cooperativa que, xunto coa idade dos socios, servirán como condicionante.
O primeiro escenario representa a etapa de supervivencia. A cooperativa ten dificultades para aumentar a facturación e obtén como consecuencia cantidades negativas.
No segundo escenario, a cooperativa está en fase de crecemento e conta cun orzamento limitado para gastos de persoal.
Finalmente, no terceiro escenario, a cooperativa atópase en fase de madurez, tendo as prestacións adecuadas para poder incrementar a retribución dos socios traballadores.

Palabras clave: Cooperativa de traballo asociado, réxime da Seguridade Social, socio taballador, anticipo societario e base de cotización.
Volver