Resumo | O obxectivo que se pretende acadar con este Traballo de Fin de Grao é realizar unha análise estratéxica da empresa Estrella Galicia. Por un lado, fíxose unha presentación da empresa, destacando a súa filosofía e valores para ter unha antesala ó traballo xeral. Neste, o primeiro que se fixo foi unha análise do entorno xenérico, a través dun PESTEL, co fin de obter algunas oportunidades e ameazas que rodean ó sector. Por outro lado, realizouse unha análise do entorno específico, a través do estudo das forzas competitivas de Porter. Ademais, unha vez centrado no sector, pasarase a facer unha análise interna de Estrella Galicia, para a que se identifican as distintas actividades da cadea de valor, así como os seus recursos, tanto tanxibles como intanxibles, rematando cun benchmarking para obter as fortalezas e debilidades que ten a empresa. Para rematar coa análise, poranse en común as ideas extraídas previamente mediante a realización dun DAFO coa finalidade de coñecer a situación actual do negocio. Finalmente, desenvólvense a estratexia corporativa e competitiva da empresa e sacaránse as conclusión oportunas do traballo realizado. |