Normas sociais e división do traballo doméstico nas parellas europeas
| Autoría | Lucía Veiras Casal |
| Data de defensa | 27/07/2022 |
| Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
| Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
| Dirección |
Titoría: María Begoña Álvarez García |
| Tribunal |
Titoría: María Begoña Álvarez García |
| Resumo | O obxectivo principal deste Traballo Fin de Grao é analizar os factores que explican a desigualdade na distribución do traballo doméstico entre homes e mulleres, facendo especial fincapé no papel das normas sociais como condicionante das preferencias. O traballo repasa o concepto de normas sociais e como se incorporou aos modelos económicos que explican a asignación do tempo no fogar. Usando a Enquisa Social Europea (ESS) de 2010 como base de datos, cuantificase a relación entre o cumprimento das normas tradicionais sobre os roles de xénero e a distribución asimétrica das tarefas domésticas dentro dunha mostra representativa de parellas europeas nas que ambos os dous cónxuxes traballan a tempo completo. A análise econométrica ofrece resultados consistentes coa literatura empírica anterior. En concreto, corrobora a estreita relación entre as normas sociais e as decisións de asignación do tempo no fogar. Os resultados tamén mostran a importancia da educación, como factor que favorece a igualdade entre homes e mulleres, así como a ampliación da brecha de xénero na distribución do traballo doméstico asociada á presenza de fillos no fogar. Palabras clave: Normas sociais, Modelo de identidade, Enquisa Social Europea, xénero, traballo doméstico. |