Secretaría Uvigo - Especulación financeira

Especulación financeira

Data de defensa27/07/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Ángeles Lago Velando
Tribunal Titoría: Ángeles Lago Velando
ResumoA crise alimentaria do 2007-2008 foi debida a diversas causas. Entre elas: a climatoloxía adversa, a depreciación do dólar. o incremento do prezo do pretróleo, o acaparamento das terras agrícolas e dos recursos hidráulicos, o cambio nos patróns alimentarios dos países emerxentes e a especulación financieira.

Tra-las explosións da burbuxa "punto com" no ano 2000 e da burbuxa inmobiliaria que tivo lugar no ano 2008, os axentes financieiros, atraídos pola volatilidade existente nos mercados agroalimentarios, redirixiron a estos mercados os seus capitais especulativos.

Aínda que a maioría dos analistas consideran a especulación financieira como unha causa coxuntural, a ausencia de regulación en dita práctica otórgalle un certo carácter estrutural.

Neste traballo, preténdese estudar, mediante unha metodoloxía de investigación cuantitativa, o papel da especulación financieira na crisis alimentaria do 2007-2008.

Especulación, materias primas alimentarias, volatilidade, derivados financieiros.
Volver