Secretaría Uvigo - Usabilidade web

Usabilidade web

AutoríaPedro Carbajal Laso
Data de defensa27/07/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: José Santiago Gómez Fraiz
Tribunal Titoría: José Santiago Gómez Fraiz
ResumoRESUMO

A transformación dixital é un acontecemento na historia que cambiou a maneira de concebir o mundo tal e como se coñecía. Significou unha revolución conceptual dende o punto de vista económico, cultural, social e político. No referinte ao mundo empresarial, significou un antes e un despois na forma que teñen de facer negocios as compañías. Có auxe da Internet aumentaron en gran medida factores como o alcance, a dimensión, a velocidade e a escala, por iso, as empresas foron introducindo parte da súa actividade na rede grazas ás páxinas web.
Neste traballo estudaranse aspectos referentes á creación de espazos web que presenten unha serie de características que favorezan a usabilidade da páxina e ofrezan ao consumidor unha experiencia satisfactoria de navegación. Para iso, levouse a cabo unha investigación sobre cómo as empresas, según seu tipo de negocio, crean paso a paso as súas páxinas web. Posteriormente, analizáronse os comportamentos dos usuarios que navegan por internet e son consumidores de servicios e/o produtos. E, por último, investigouse acerca da usabilidade, analizando qué características teñen que estar presentes nunha páxina para poder considerala usable dende o punto de vista do internauta. Ademáis, estudouse durante o proxecto cómo débese realizar un análisis para descubrir o grao de usabilidade dunha páxina, có obxecivo tamén de correxir problemas referentes a esta.

Palabras clave: web, deseño, satisfacción, usabilidade, dixital, usuario, dispositivos
Volver