Secretaría Uvigo - Concurso de acredores - Introdución e aspectos contables

Concurso de acredores - Introdución e aspectos contables

Data de defensa27/07/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Ricardo Miguel Diéguez Ferreiro
Tribunal Titoría: Ricardo Miguel Diéguez Ferreiro
ResumoA crise sanitaria provocada pola pandemia de Covid-19 trouxo consigo unha forte destrución de emprego no país. Algúns expertos afirman que España aínda non recuperou o tecido industrial que tiña antes de comezar a pandemia.
Neste escenario marcado pola inestabilidade e a incerteza, o 30 de xuño de 2022 o Congreso dos Deputados aprobaría o Proxecto de Lei de reforma da Lei Concursal (LC), cuxa entrada en vigor está prevista para o ano 2022, unha vez superado o proceso no Senado.

Tendo en conta o forte impacto económico provocado pola crise, o concurso de acredores podería ser unha alternativa ao peche para aquelas empresas con dificultades para pagar as súas obrigas? Este traballo propón unha aproximación ao proceso concursal, unha análise da interpretación do concurso, aborda os aspectos fiscais e contables do concurso así como as súas obrigas documentais. O estudo conclúe analizando as medidas anunciadas no Proxecto de Reforma da Lei Concursal, unha normativa en constante e necesaria revisión.

PALABRAS CLAVE: Concurso de Acredores, Insolvencia, Dereito Concursal
Volver