Análise detallada do sistema electoral español
Data de defensa | 27/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Miguel Ángel Mirás Calvo |
Tribunal |
Titoría: Miguel Ángel Mirás Calvo |
Resumo | Resumo: O obxectivo deste presente proxecto é analizar de forma exhaustiva o sistema electoral español, as súas complexidades e deficiencias en canto aos distintos métodos de reparto proporcional. Para iso, estudamos as diferentes disposicións especiais das eleccións xerais, municipais e as do Parlamento Europeo, analizando e estudando como base as eleccións do pasado 28 de abril de 2019. Tras recoller toda a información e reflexións froito das leis que compón este sistema, estudamos os diferentes modelos de reparto proporcional que se poden utilizar e se utilizaron, observando os diferentes resultados que podemos obter en función do método que empreguemos. Ademais, comentaremos posteriormente as súas críticas e carencias. Rematando o estudo, proporase unha proposta de mellora entre o total de votos e o total de escanos, e así tratar de equiparar unha representatividade razoable e gobernabilidade sen que sexa o predominante un dos mencionados. Palabras clave: Proxecto, sistema electoral, escanos, reparto proporcional, circunscricións, deputados. |