Poden as comunidades enerxéticas ter un impacto significativo na redución da pobreza enerxética?
Autoría | David Díaz Vázquez |
Data de defensa | 27/07/2022 |
Titulación | Grao en Economía |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Xavier Simón Fernández |
Tribunal |
Titoría: Xavier Simón Fernández |
Resumo | Neste traballo tentarase responder á pregunta relativa a se é posible que as comunidades enerxéticas teñan un impacto significativo na redución da pobreza enerxética. Para iso recorreremos a unha análise do clima actual da pobreza enerxética en España e a situación legal e formal das comunidades enerxéticas. Tras iso realizaremos un estudo de caso dun bloque residencial que se constitúe nunha comunidade cidadá de enerxía e compararemos os resultados cos obtidos anteriores á implementación da comunidade para posteriormente observar cal debe ser o papel das institucións públicas. En base a isto obterase que a implementación dunha comunidade cidadá de enerxía en efecto produciría unha redución significativa na pobreza enerxética grazas ao autoconsumo realizado e á independencia relativa do mercado eléctrico nacional ademais de previr o uso de enerxías non renovables o que favorece ao medio ambiente. Palabras clave: 1. Pobreza enerxética. 2. Comunidades enerxéticas. 3. Comunidade cidadá de enerxía. 4. Enerxías renovables. 5. Instalacións fotovoltaicas. |