Secretaría Uvigo - Análise de datos do mercado inmobiliario

Análise de datos do mercado inmobiliario

AutoríaAdriana Pérez Fernández
Data de defensa27/07/2022
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Leticia Lorenzo Picado
Tribunal Titoría: Leticia Lorenzo Picado
ResumoNo presente traballo estúdase a evolución do mercado da vivenda en España durante o período comprendido entre 2014 e a actualidade, centrándose en como está a reaccionar o mercado ao axuste producido tras a irrupción da pandemia. Para iso, distínguense dúas fases: expansión do mercado da vivenda (2014-2019) e crise do COVID-19 e os seus efectos a curto prazo (2020-2022). Para a realización deste estudo empregaranse unha serie de gráficos que faciliten a súa comprensión. Posteriormente, exponse as diferentes causas que dificultaron o acceso á vivenda para unha parte da sociedade española, así como as políticas de vivenda establecidas polo Goberno para tratar de solucionar o devandito problema. Finalmente, búscase prognosticar os prezos futuros do aluguer e a compravenda de vivenda. Para iso, construirase o modelo ARIMA que mellor se axuste a cada variable e que permita facer predicións sobre elas, aplicando a metodoloxía Box-Jenkins e utilizando o software econométrico Gretl.

Palabras clave: vivenda, prezos, demanda, oferta, compravenda, aluguer, acceso á vivenda.
Volver