| Autoría | María de la Paz Carballido Méndez |
| Data de defensa | 27/07/2022 |
| Titulación | Grao en Economía |
| Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
| Dirección |
Titoría: Leticia Lorenzo Picado
|
| Tribunal |
Titoría: Leticia Lorenzo Picado
|
| Resumo | Este traballo trata de analizar o emprendemento feminino na comunidade de Galicia usando datos principalmente do ano 2020 e para iso consultáronse os informes do Proxecto GEM de Galicia e os datos do Instituto Galego de Estatística. En primeiro lugar, fíxose un marco teórico para expoñer conceptos e outras investigacións anteriores. A partir deste marco, realizouse unha análise estatística cunha parte descritiva e outra cun contraste de homoxeneidade. O obxectivo principal é caracterizar as mulleres emprendedoras e os seus emprendementos para tentar coñecer se existen diferenzas cos masculinos. O resultado obtido é que determinadas características de homes e mulleres que iniciaron unha actividade empresarial non dependen do seu sexo, con todo hai factores que frean ás mulleres para facelo.
|